REI NUÑEZ, LUIS

Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) é xornalista de profesión e autor dos libros de versos A rolda invisible (1988), Alma mareira (2003) e Estrela do norte (2014, Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores). Tamén escribiu unha primeira biografía de Rafael Dieste, A travesía dun século (1987), e o volume ensaístico Poetas andantes navegantes (1995). Xerais publica a súa obra narrativa, que inclúe os títulos Expediente Artieda (2000, Premio Xerais de Novela), A estrela dos polisóns (2003), Toda a vida (2005), O señor Lugrís e a negra sombra (2007, Premio da Crítica Española e Premio da Federación de Libreiros de Galicia ao mellor libro do ano), Monte Louro (2009, Premio Blanco Amor de Novela Longa e Premio Fervenzas Literarias á mellor novela do ano), Cita en Fisterra (2011), Días que non foron (2013) e O encargo do señor Castelao (2016). Rafael Dieste. O libre pensamento (Xerais, 2019) é o seu primeiro libro na colección Crónica. Fotografía do autor: ©Alba Sotelo


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: